Vezina Trophy
O Vezina Trophy é un trofeo entregado anualmente pola National Hockey League (NHL) ao porteiro da liga "considerado o mellor na súa posición".[1] Ao final de cada tempada, os trinta directores xerais da NHL votan para elixir o gañador. Recibe o seu nome en honor a Georges Vézina, porteiro dos Montreal Canadiens entre 1910 e 1925, que morreu en 1926 de tuberculose. O Trofeo foi entregado por primeira vez despise da tempada 1926-27 ao mellor porteiro. Da tempada 1946-47 á 1981-82, o trofeo foi entregado ao(s) porteiro(s) do equipo queconseguira o menor número de goles durante a liga regular;[1] dende 1982 en adiante, o William M. Jennings Trophy é entregado para recoñecer ese logro.
Historia
[editar | editar a fonte]O Vézina Trophy foi bautizado en honor a Georges Vézina, un excepcional porteiro que xogou cos Montreal Canadiens. Vézina caeu durante un partido en 1925 e foi diagnosticado con tuberculose, da que morreu en 1926. Logo da morte de Vézina, o trofeo foi doado á NHL polos propietarios dos Canadiens, Leo Dandurand, Louis Letourneau e Joe Cattarinich para honrar permanentemente a Vézina. Foi entregado por primeira vez aofinal da tempada 1926-27 a George Hainsworth, que chegara a Montreal para suceder a Vézina.[1]
O trofeo foi aceptado pola liga na súa reunión do 15 de maio de 1927 celebrada en Montreal.[2][3] Os criterios para elixir o gañador foron variando ao longo da historia do trofeo. O Montreal Gazette e The Globe and Mail informaron de que 'é entregado cada ano ao porteiro da National Hockey League que teña o mellor porcentaxe de goles en contra,[2][3] mentres que o Toronto Star informou de que o trofeo era entregado ao porteiro 'máis valioso' da liga.[4] Cando Hainsworth gañou o seu terceiro Vézina ao finalizar a tempada 1928-29, o trofeo foi entregado ao porteiro 'máis destacado' da liga.[5] Con todo, os informes posteriores indican que o trofeo estivo baseado na menor media de goles en contra (GAA).[6][7][8]
O Vézina Trophy foi bastante prestixioso, xa que era un dos tres grandes premios individuais outorgados pola National Hockey League no momento, xunto co Hart Trophy e o Lady Byng Trophy.[9] Os medios de comunicación de hóckey seguiron de cerca a axustada "carreira do Vézina Trophy,"[10] como en 1940-41, cando Frank Brimsek, Turk Broda, e Johnny Mowers estiveron separados por tan só tres goles ao comezar a derradeira fin de semanada tempada.[10][11]
1946 a 1981
[editar | editar a fonte]En febreiro de 1946, a NHL declarou oficialmente que o trofeo iría ao equipo que conseguira o menor número de goles durante a liga regular. O porteiro que xogara a maioría dos partidos dese equipo gañaría o Trofeo.[12][13] O xerente dos Montreal Canadiens Tommy Gorman dixo que se o trofeo era entregado ao seu equipo, o xeito de outorgar o trofeo a Bibeault ou Durnan sería decidido pola súa administración.[13] Con todo, nun banquete celebrado en outubro, o presidente da National Hockey League Clarence Campbell sinalou que mentres que a liga estaba considerando mudar os métodos de votación do Calder Memorial Trophy, o Hart Trophy e o Lady Byng Trophy, os criterios para o Vézina en realidade non cambiarían.[14]
Xa que era habitual que os porteiros xogaran todos os partidos antes de 1950, o Vézina foi entregado xeralmente ao porteiro coa menor media de goles en contra persoal da liga; con todo, houbo dúas notables excepcións. George Hainsworth recibiu o primeiro Vézina Trophy, mentres que Clint Benedict tivo o menor GAA na tempada 1926-27. Os Canadiens de Hainsworth encaixaron menos goles como equipo que os Senators de Benedict. Wilf Cude tivo o menor GAA na tempada 1933-34 en 30 partidos repartidos entre dous equipos, mais o Vézina foi entregado a Charlie Gardiner, que xogou os 48 partidos cos Chicago Blackhawks, o equipo que encaixou menos goles.
A National Hockey League alongou o calendario de competición a setenta partidos na tempada 1949-50. Ata ese momento, era moi habitual para os porteiros xogar todos os minutos da tempada do seu equipo, e só tres gañadores do Vézina – Frank Brimsek en dúas ocasións na tempada 1938-39 (43 de 48 partidoss) e na tempada 1941-42 (47 de 48 partidos) e Bill Durnan na tempada 1944-45 (40 de 50 partidos) non iniciaron todos os partidos dos seus respectivos equipos.
Cando os equipos comezaron a utilizar regularmente máis dun porteiro nunha tempada, fíxose máis habitual para os porteiros co menor GAA non ser membros do equipo que conseguira menos goles. O Vézina continuou a ser entregado ao porteiro que xogara máis partidos co equipo que conseguira menos goles, mais os gañadores do trofeo nas temapadas 1954-55, 1960-61, 1962-63 e 1963-64 non tiveron os menore GAAs.
A National Hockey League comezou a permitir que os compañeiros de equipo compartiran o Vézina Trophy despois da tempada 1964-65. Os Toronto Maple Leafs conseguiron 173 goles en contra, superando por pouco os 175 goles en contra dos Montreal Canadiens e os 176 dos Chicago Blackhawks. Terry Sawchuk xogou 36 partidos para os Leafs cun GAA de 2,56, mentres que o seu compañeiro Johnny Bower xogou 34 partidos, conseguindo o mellor GAA da liga con 2,38, mais Sawchuk sería o último gañador do trofeo baixo os antigos criterios. Durante a tempada, os dous xogadores acordaron repartir o premio en metálico de 1000 dólares que acompaña ao trofeo se algún dos dous o conseguía. Ao final da tempada, Sawchuk declarou publicamente que rexeitaría o trofeo se o nome de Bower non era tamén inscrito.[15] Posteriormente a NHL mudou a regard para permitir que calquera porteiro que tivera xogado un mínimo de 25 partidos clasificárase para o Vézina Trophy se o seu equipo encaixaba o menor número de goles, e aplicou esta norma con carácter retroactivo con Sawchuk e Bower.[16] Baixo este criterio, Turk Broda tería compartido o Vézina que Al Rollins gañou na tempada 1950-51. Este criterio estivo en vigor ata a tempada 1980-81.[1]
O criterio de que o Vézina Trophy fora entregado ao(s) porteiro(s) do equipo que menos goles encaixara, non implicaba necesariamente a mellor actuación individual. O mellor porteiro, votado polos medios de comunicación, era o do criteria had the trophy going to the goaltender(s) of the team that was best at preventing goals, not necessarily the best individual performance. The best goaltender, as voted by the media, was the Primeiro equipo All-Star. Estes con frecuencia difiren, coomo na tempada 1979-80, cando Don Edwards e Bob Sauvé compartiron o Vézina, mentres que Tony Esposito foi nomeado para o Primeiro Equipo. Durante a tempada 1973-74, os Chicago Black Hawks e os Philadelphia Flyers finalizaron empatados co menor número de goles en contra; polo tanto os seus respectivos porteiros Tony Esposito e Bernie Parent recibiron o trofeo, a única vez que foi compartido por dous xogadores de distintos equipos. Na tempada 1973-74 os medios de comunicación votaron a Parent o Primeiro Equipo All-Star, e Esposito para o Segundo Equipo All-Star.[1]
1981 ao presente
[editar | editar a fonte]Dende a tempada 1981-82, o Vézina Trophy é entregado ao porteiro máis destacado da competición mediante votación dos general managers das distintas franquías da NHL.[17] Billy Smith, dos New York Islanders, foi o primeiro xogador que recibiu o trofeo baixo o sistema de elección actual. O William M. Jennings Trophy, entregado ao(s) porteiro(s) que xogara(n) máis de 25 partidos co equipo que encaixara o menor número de goles, ten a función do antigo Vézina Trophy.
A votación ten lugar ao final da liga regular e nela participan os 30 general managers dos equipos da National Hockey League, e nela cada un deles clasifica aos seus tres candidatos segundo un sistema de 5-3-1 puntos.[18] Os tres finalistas son nomeados e o trofeo é entregado na cerimonia de entrega de premios da NHL despois dos play-offs.
Récords e distincións
[editar | editar a fonte]Jacques Plante posúe o récord de máis Vézinas gañados con sete, seguido por Bill Durnan e Dominik Hašek, ambos con seis. Hašek é o xogador que ten gañado máis Vézinas baixo o actual sistema de votación para o mellor porteiro individual. Os xogadores dos Montreal Canadiens gañaron este trofeo en 29 ocasións.[1]
Hai tan só catro xogadores que teñen gañado o Vézina e o Hart Memorial Trophy na mesma tempada: Jacques Plante en tempada 1961-62; Dominik Hašek dúas veces en 1996-97 e 1997-98; José Théodore en 2001-02; e Carey Price en 2014-15. Outros dous porteiros gañadores do Vézina teñen conseguido tamén o Hart Memorial Trophy: Roy Worters e Al Rollins. Chuck Rayner foi o único porteiro que gañou o Hart Memorial Trophy, mais nunca o Vézina.[19]
Gañadores
[editar | editar a fonte]1927–1981
[editar | editar a fonte]Cando se introduciu, o Vézina Trophy era entregado ao mellor porteiro da liga. Varios xogadores, entre eles Hainsworth en 1927 e Gardiner en 1934 non tiñan a menor media de goles en contra. En 1946, os Comisarios da NHL aclararon máiso criterio para os campións. Este foi que o trofeo fora entregado ao equipo con menos goles encaixados durante a tempada. O porteiro que tivera xogado a maioría dos partidos do equipo era galardoado co Vézina Trophy.[12] En 1965, os Comisarios da NHL comezaron a permitir que compañeiros de equipo compartiran o Vézina Trophy. Dende 1965 ata 1981, o Vézina foi outorgado a calquera porteiro que tivera xogado 25 partidos ou máis co equipo que conseguira menos goles en contra.
Dende 1982
[editar | editar a fonte]A NHL adoptou o criterio actual para o Vézina Trophy ao principio da tempada 1981-82. O William M. Jennings Trophy foi creado como un novo premio para o(s) porteiro(s) que conseguiron menos goles en contra, tendo xogado 25 partidos ou máis.
O xogador aínda está en activo na NHL
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Vezina Trophy history" (en inglés). NHL.com. Arquivado dende o orixinal o 23-04-2006. Consultado o 17-5-2012.
- ↑ 2,0 2,1 "Referee-in-Chief as Supervisor in Major Pro Hockey". Montreal Gazette (en inglés). 16 de maio de 1927. p. 20.
- ↑ 3,0 3,1 "No Changes Likely in Pro Circuit". The Globe and Mail (en inglés). 16 de maio de 1927. p. 11.
- ↑ "Frank Calder to deal with Art Ross". Toronto Star (en inglés). 16 de maio de 1927. p. 10.
- ↑ "Hainsworth Wins Memorial Trophy". The Telegraph Herald and Times Journal (en inglés). 4 de abril de 1929. p. 11. Consultado o 19 de novembro de 2014.
- ↑ "Sports on Parade". Montreal Gazette (en inglés). 20 de marzo de 1936. p. 14. Consultado o 19 de novembro de 2015.
- ↑ "Brimsek No. 1 Rookie". The Windsor Daily Star (en inglés). 30 de marzo de 1939. p. 30. Consultado o 19 de novembro de 2015.
- ↑ "Tough Job! NHL Goaltenders having Trouble". The Leader-Post (en inglés). 5 de decembro de 1942. p. 7. Consultado o 19 de novembro de 2015.
- ↑ "NHL Trophy Awards are Announced". Ottawa Citizen (en inglés). 18 de abril de 1933. p. 6. Consultado o 19 de novembro de 2015.
- ↑ 10,0 10,1 "Red Wings, Bruins Play to Draw, 2-2 - Mowers Maintains Three-Goal Edge Over Brimsek in Vezina Trophy Race". Montreal Gazette (en inglés). 17 de marzo de 1941. p. 12. Consultado o 19 de novembro de 2015.
- ↑ "Goal Tenders Fighting for Vezina Trophy". The Day (en inglés). 17 de marzo de 1941. p. 7. Consultado o 20 de novembro de 2015.
- ↑ 12,0 12,1 "NHL Governors Reinstate "Babe" Pratt But Eliminate Right of Appeal In Future". Ottawa Citizen (en inglés). 15 de febreiro de 1946. p. 14. Consultado o 19 de novembro de 2015.
- ↑ 13,0 13,1 DeGeer, Vern (15 de febreiryo de 1946). "N.H.L Players to Slice Juicy Playoff Melon". The Globe and Mail (en inglés). p. 15.
- ↑ "To Review Puck Plan - System for Awarding of Cups May be Altered". Windsor Daily Star (en inglés). 31 de outubro de 1946. p. 32. Consultado o 20 de novembro de 2015.
- ↑ "Sawchuk Will Share Vezina Wealth With Johnny Bower". Reading Eagle. March 29, 1965. p. 17.
- ↑ Hunter, Douglas (1998). A Breed Apart - An Illustrated History of Goaltending. Benchmark Press. p. 103. ISBN 1892049031.,
- ↑ "NHL Trophies". LegendsofHockey.net (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2018. Consultado o 13 abril 2018.
- ↑ Dolezar, Jon (20-4-2003). "Foppa shows the most Hart". SI.com. Arquivado dende o orixinal o 16-04-2003. Consultado o 12 abril 2018.
- ↑ "Hart Memorial Trophy history" (en inglés). NHL.com. Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2006. Consultado o 19 de novembro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey sobre xeo |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Historia do Vézina Trophy en NHL.com (en inglés)
- Historia do Vézina TrophyArquivado 20 de novembro de 2015 en Wayback Machine. en Legends of Hockey.net (en inglés)
- Historia das votacións do Vézina Trophy dende a tempada 1981-82 ata o presente Arquivado 15 de febreiro de 2016 en Wayback Machine. en http://hockeygoalies.org (en inglés)